Voda de
Cris &
David
Sábado, 26 de setembro de 2026
Aurea Pazo de Sober · Sober, Lugo

Nós
A Nosa Historia
Despois de oito anos, tres anos de amor entre provincias e 5 máis aturándonos tódolos días... chegou o momento. Queremos que sexades testemuñas (e cómplices) do seguinte paso e compartir toda unha fin de semana para celebrar e rir xuntos.

Cando nos coñecimos
Unha faísca que comezou hai 8 anos e que nunca se apagou. O inicio de nós, xuntos.

Anos entre provincias
Quilómetros pola A-55 e moitas ganas de vernos cada fin de semana construíndo un camiño.

A primeira viaxe xuntos
A nosa primeira viaxe xuntos, a Florencia. Unha viaxe que marcou o inicio de moitas aventuras que estaban por vir.

O xeonlliño na neve
Nunha viaxe a Islandia, baixo a aurora boreal, David axeonllouse e fixo a pregunta máis importante da súa vida.

Pandemias e outros sustos
Non todo foi un camiño de rosas, tivemos que superar moitos obstáculos xuntos, pero sempre saímos máis fortes.

E por fin...
E aquí estamos, a piques de dar o paso máis importante das nosas vidas. A piques de dicir 'si quero' e continuar con esta aventura xuntos.
“Tí i eu cantando, chorando e rindo.”
Celso Emilio Ferreiro

O Plan
A fin de semana de Cris e David
Como é un día tan especial, arrincaremos o sábado todos xuntos e estiraremos a celebración ata o domingo cun brunch preparador para curar calquera resaca.
Sábado (O Gran Día)
- Cerimonia civil13:00
- Cóctel e banqueteA seguir
- FestaAta tarde
Domingo (A Recena)
- Brunch de despedidaNo pazo
- Mañá con calmaSen présa
Teredes aloxamento no propio Pazo como agasallo noso, e o domingo un brunch de despedida para pechar xuntos a fin de semana. Máis información.
Loxística
Nós encargámonos de todo
Para que só teñas que pensar en pasalo incriblemente ben, deixámosche toda a información á túa disposición: como chegar ao pazo, as horas do autobús e as estancias ou viaxes.
A Playlist
Quentando Motores
Unha voda sen a música adecuada non é o mesmo. Mentres chega o día, axudádenos a elixir os grandes temas que non poden faltar na pista de baile. Escribide os vosos favoritos!
Recomendar unha canciónConfirma a túa asistencia
O Último Paso
Xa coñeces un pouco mellor a nosa historia compartida, xa sabes o plan da fin de semana e xa escoitaches a banda sonora. Agora só falta o máis importante de todo nesta celebración: Ti.
Por favor, confirma a túa asistencia canto antes. E non esquezas indicarnos se tes algunha alerxia ou precisas aloxamento ou axuda na viaxe.
Galería
Un anaco de Nós
Unha pequena colección de momentos que nos definen. Despois da voda, esta galería encherase coas vosas fotos tamén.
Esperámosvos!
