Como chegar e onde aloxarse
Viaxe e estancia
Como chegar
En coche
A forma máis cómoda de chegar a Aurea Pazo de Sober. O recinto dispón de aparcamento amplo e gratuíto.
En tren
A mellor opción dende Madrid é a estación de Ourense (a uns 45 min en coche do pazo) ou a de Santiago de Compostela.
En avión
O aeroporto máis próximo e con mellores conexións é o de Santiago de Compostela (a 1h 30m do pazo).
Tempos en coche dende o teu lugar de orixe:
Aloxamento
Gustaríanos que a nosa fin de semana non remate co baile. Por iso, o Pazo abrirá as súas portas para que poidades descansar alí mesmo, rodeados de natureza e calma.
Aurea Pazo de Sober
Como un pequeno detalle pola vosa compaña, a vosa estancia da noite do sábado no Pazo será o noso agasallo.
Para poder organizar todo da mellor maneira, agradecemos que nos confirmedes a vosa estancia ao realizar o RSVP.
Brunch do domingo
O domingo espertaremos sen présa para compartir un brunch de despedida e saborear xuntos os últimos momentos desta celebración.
Preferimos centrar todo o noso esforzo en que a vosa estancia sexa perfecta, polo que non haberá transporte organizado; agardamos que a comodidade de ter a habitación a uns pasos sexa o mellor agasallo.
A contorna
Para os que veñades de fóra e leades aproveitar a fin de semana, a Ribeira Sacra ten moito que ofrecer. Aquí tedes algunhas recomendacións nas proximidades do Pazo:
Adegas de Amandi
Sober é o corazón do viño de Amandi. Podedes visitar adegas impresionantes construídas nos Canóns do Sil como Regina Viarum ou Algueira.
Miradoiros
As vistas dos Canóns do Sil son espectaculares. A poucos minutos tendes o Miradoiro de Santomé e o de Soutochao.
Monforte de Lemos
A capital da Ribeira Sacra está a só 15 minutos en coche. Ide ver o Mosteiro de San Vicente do Pino e dar un paseo pola zona do río.
Catamaráns pola Ribeira Sacra
Unha ruta en catamarán polos Canóns do Sil é unha experiencia marabillosa para desfrutar da paisaxe dende a propia auga.
Aparcamento
O lugar dispón de aparcamento privado gratuíto para todos os convidados. Non necesitades reservar praza.